Skip to content
21/10/2011 / naturaxiz

Os movimentos da Terra

O dia e noite, as estações, as fases da Lua e os eclipses.

Advertisements
19/10/2011 / naturaxiz

A Lúa hoxe

La Lune

Máis cousas sobre a Lúa:
A órbita da Lúa e a súas fases vistas desde a Terra (traballo derivado de Orbite de la Lune et phases vues depuis la Terre, de Wikimedia Commons)
Explicación de las Las fases de la Luna en flash.
A Terra, a Lúa e a distancia entre elas a escala (imaxe de Wikimedia Commons)

15/10/2011 / naturaxiz

O ceo neste mesmo momento

Este mapa celeste mostra a posición das estrelas e dos planetas visibles na data e hora na que mires esta entrada. O círculo que encerra o mapa é o horizonte, cos catro puntos cardinais. A liña descontinua que atravesa o mapa é a Eclíptica, o plano que contén as órbitas dos planetas.

Sky map by AstroViewer®
Get the HTML code for this sky map

Find planets and constellations in the night sky - AstroViewer

01/10/2011 / naturaxiz

Evolución histórica da concepción do universo


AS IDEAS MÍTICAS

As ideas míticas sobre as cousas son semellantes aos contos, poden ser moi fermosas e interesantes, pero non se poden crer ao pé da letra. Na antigüidade as ideas míticas eran a única explicación dos fenómenos da natureza, e estaban relacionadas coas relixións. A natureza era creación dos deuses e os deuses eran os causantes dos fenómenos naturais. A sabedoría e o coñecemento eran «revelación» dos deuses. Dubidar dos mitos ou propoñer ideas novas supoñía ofender aos deuses e poñer en perigo a organización da sociedade.

Aínda que na Grecia antiga xa se tiña superado esta etapa da historia do coñecemento, en Europa a concepción mítica da natureza mantívose ata o século XV, de man do dominio da igrexa católica en todos os aspectos da vida humana.

A seguinte ilustración, que pertence a un libro de astronomía francés do século XIX (Camille Flammarion: L’Atmosphere: Météorologie Populaire, París, 1888) pode dar unha idea de como era a concepción da Terra e do universo entre a maioría da xente durante a idade media europea.

Gravado_Flammarion_500

Exercicio: Describe a idea da Terra e do universo representada nesta imaxe.

Pages: 1 2 3 4 5 6

02/06/2011 / naturaxiz

A ilha das flores

Documental de Jorge Furtado, Casa do Cinema de Porto Alegre, 1989.

Orixinal:


W
Con subtítulos en castelán:
(Para ver os subtítulos preme na icona CC da barra inferior, que aparece comezada a reprodución)
W

W
Dobrado ao castelán:
W

W
Texto completo do documental (Casa do Cinema de Porto Alegre)

19/05/2011 / naturaxiz

Virus

Os virus son entidades biolóxicas que se reproducen utilizando os sistemas moleculares de células hospedeiras ás que parasitan.

Na súa fase intracelular os virus son moléculas de ácido nucleico que poden replicarse independentemente dos ácidos nucleicos celulares, pero utilizando os enzimas e nucleótidos da célula hospedeira.

Na fase extracelular, as partículas víricas, denominadas virións, consisten nun ácido nucleico rodeado por unha estrutura proteica, a cápside, en parte dos virus tamén por unha envoltura lipídica procedente da membrana plasmática da célula hospedeira.


O ácido nucleico

O xenoma vírico pode ser ADN ou ARN, pode ser circular ou lineal e pode ser bicatenario ou monocatenario. Se é ADN adoita ser bicatenario, e cando é ARN é normalmente monocatenario.

O ARN vírico monocatenario chámase positivo cando é equivalente a un ARN mensaxeiro, é dicir, que contén os codóns para a síntese de proteínas. Denomínase negativo cando contén a secuencia de nucleótidos complementaria ao ARNm, polo que precisa unha fase se transcrición antes da síntese de proteínas.

Clasificación dos virus segundo o tipo de material xenético:

Grupo I: ADN de cadea dobre, dsDNA (double strand DNA).
Grupo II: ADN de cadea simple, ssDNA (single strand DNA).
Grupo III: ARN de cadea dobre, dsRNA (double strand DNA).
Grupo IV: ARN de cadea simple equivalente a ARNm, +ssRNA (positive single strand RNA).
Grupo V: ARN de cadea siple complementaria do ARNm, –ssRNA (negative single strand RNA).
Grupo VI: ARN con transcrición inversa, ssRNA-RT (single strand RNA reverse transcribing).
Grupo VII: ADN con transcrición inversa, dsDNA-RT (double strand DNA reverse transcribing).


A cápside

A cápside envolve o material xenético vírico na fase intercelular. Está constituída pola unión de subunidades proteicas chamadas capsómeros. A súa forma pode ser helicoidal, icosaédrica (poliedro de vinte caras) ou mixta. A forma mixta contén unha parte icosaédrica e outra helicoidal, pero pode ser aínda máis complexa, con estruturas planas e fibras.


A envoltura lipídica

A envoltura procede das membranas da célula infectada, pero contén tamén elementos de orixe vírico. Os lípidos e os oligosacáridos son de orixe celular, e na parte proteica mestúranse proteínas de orixe celular con outras codificadas polo xenoma vírico. A envoltura sempre presenta no seu exterior oligosacáridos que actúan no recoñecemento e adsorción pola célula hospedeira.

TMV_Structure_250

Cápside helicoidal

Kapsid_Schema_280

Cápside icosaédrica

Enveloped_icosahedral_virus_250

Virión icosaédrico con envoltura

Phage_280

Virión complexo (bacteriófago)

>> Despregar o artigo completo >>

08/05/2011 / naturaxiz

Inmunidade artificial

Reciben este nome os métodos de estimulación ou axuda artificiais do sistema inmunitario. Se o procedemento estimula a activación dunha resposta inmunitaria natural denomínase inmunidade artificial activa, é o método da vacinación. Se se axuda ao sistema inmunitario sen estimular a súa resposta natural denomínase inmunidade artificial pasiva, é o caso dos soros inmunolóxicos.


VACINAS

A vacinación consiste na introdución no organismo dun antíxeno co fin de provocar unha resposta inmune primaria sen que se contraia a enfermidade. A reacción inmune primaria estimula la formación de células de memoria para o antíxeno, de xeito que un posterior contacto co patóxeno provocará unha reacción secundaria, máis rápida, efectiva e eficaz, sen producir os síntomas da enfermidade.

Historia

O descubrimento da inmunidade artificial activa débese ao médico rural inglés Edward Jenner, a finais do século XVIII, coa utilización da variola da vacas para inmunizar ás persoas contra a variola humana.

A variola das vacas é unha variante da enfermidade que produce síntomas moi lenes en humanos. Naquela época a xente que tiña contacto cotiá con vacas contraía con frecuencia esta variante lene da variola. Jenner observou que as persoas que padeceran a variante vacúa da enfermidade non enfermaban da variola humana. A súa idea foi provocar a inmunización inoculando pus das vexigas de persoas que tiñan variola vacúa en persoas sans. A experiencia tivo éxito, e aos poucos anos a práctica da inoculation da variola vacuna estaba moi extendida. É especialmente interesante o caso da Real Expedición Filantŕopica de la Vacuna, idea do médico alacantino Francisco Javier Balmis e sufragada polo reinado de Carlos IV, que partiu do porto de A Coruña en 1804 coa intención de aplicar a vacina da variola en todos os territorios do imperio español.

Jenner_vac_his_child_580

Jenner vacinando ao seu fillo, gravado francés de finais do s. XIX.

>> Despregar o artigo completo >>

04/05/2011 / naturaxiz

Inmunidade adaptativa humoral

A resposta inmunitaria humoral depende fundamentalmente dos linfocitos B, coa participación dun tipo de linfocitos T auxiliares chamados linfocitos Th2 (helper T cells 2).


ACTIVACIÓN DOS LINFOCITOS B

Os linfocitos B actúan en primeiro lugar como células presentadoras de antíxenos:
Os receptores do antíxeno dos linfocitos B (BCR, B cell receptors) únense a antíxenos de procedencia extracelular. As moléculas de antíxeno son fagocitadas polo linfocito B, que as dixire en fragmentos pequenos. Os fragmentos de antíxeno resultantes pasan á membrana celular unidos a moléculas MHC-II.

Os linfocitos Th2 únense ao antíxeno presentado polos linfocitos B, e segregan interleucinas.

Por acción destas interleucinas os linfocitos B entran nun proceso de mitoses sucesivas, dando lugar a un clon de células con BCR idénticos.

Unha parte destes linfocitos B clonados transfórmanse en células plasmáticas, que producen anticorpos (*) específicos para o antíxeno que provocou o a resposta inmunitaria. Estes anticorpos levan o parátopo, lugar de recoñecemento do antíxeno, idéntico ao do BCR específico.

As moléculas de anticorpo únense aos antíxenos causantes do desencadeamento da resposta humoral mediante o recoñecemento entre o epítopo do entíxeno e o parátopo do anticorpo, formando os complexos antíxeno-anticorpo.

O complexos antíxeno-anticorpo actúan de diversas maneiras, provocando procesos que conducen á inactivación ou á lise do patóxeno portador do antíxeno específico: neutralizan toxinas, impiden a actividade dos microbios, activan a vía clásica do sistema do complemento, provocando a fagocitose por opsonización e a formación dos complexos de ataque de membrana, etc.

B_cell_activation_320

Esquema da activación dos lifocitos B

W

>> Despregar o artigo completo >>

01/05/2011 / naturaxiz

Inmunidade adaptativa celular

As respostas do organismo ante a presencia de antíxenos pode ser de dous tipos:

Resposta celular, mediada polos linfocitos T, citotóxicos e auxiliares.
Resposta humoral, mediada polos linfocitos B e con produción de anticorpos.


A RESPOSTA INMUNE CELULAR

A superficie dos linfocitos T contén miles de receptores, chamados TCRs (T cell receptors). Estes receptores únense aos complexos moleculares MHC da superficie das células presentadoras de antíxenos.

A zona do antíxeno recoñecida polo sistema inmunitario, neste caso, a zona ao que se une o TCR, chámase epítopo, e a zona do TCR que se une ao epítopo chámase parátopo.

Os TCR poden posuír dous tipos de glicoproteínas: CD4 e CD8. Os linfocitos T que conteñen cada tipo de glicoproteína chámanse respectivamente CD4+ e CD8+ (o superíndice “+” significa “positivo”, e procede do resultado nas probas de presencia de cada unha das glicoproteínas, CD4 e CD8).

Os linfocitos CD8+ únense aos epítopos que se presentan unidos a moléculas MHC-I, que son os de orixe intracelular, e existen en case todas as células do organismo.

Os linfocitos CD4+ únense aos epítopos que se presentan unidos a moléculas MHC-II, correspondentes a antíxenos de orixe extracelular, presentes só en células especializadas: macrófagos e outros fagocitos, células dendríticas e linfocitos B.


Lifocitos T CD8+ ou citotóxicos

Os linfocitos T CD8+, tamén chamados linfocitos citotóxicos atacan ás células infectadas por virus ou por parasitos intracelulares, células canceríxenas e células alleas procedentes de transplantes, ás que recoñecen polos antíxenos unidos ás moléculas MHC-I.

Na figura a continuación móstrase a unión entre unha célula infectada por un virus e un linfocito citotóxico. O acrónimo HLA (human leukocyte antigen) é sinónimo de MHC (major histoconpatibility complex), nunha nomenclatura algo máis antiga.

cytotoxicTCell

>> Despregar o artigo completo >>

28/04/2011 / naturaxiz

Inmunidade adaptativa: os antíxenos

Na resposta inmune adaptativa ou específica cada patóxeno e recoñecido por un antíxeno propio e característico dese patóxeno en particular. Esta especificidade polo antíxeno permite a adaptación da resposta inmunitaria a cada pátóxeno. As células especializadas na resposta inmune adaptativa son os linfocitos e os macrófagos.


ANTÍXENOS

O sistema inmune adaptativo responde fronte a presencia de antíxenos. Un antíxeno é unha substancia que o sistema inmune recoñece como estraña ou como patóxena. A maioría son glicoproteínas, lipoproteínas ou glicolípidos da membrana celular.


MOLÉCULAS DE HISTOCOMPATIBILIDADE (MHC)

As moléculas de histocompatibilidade son glicoproteínas transmembrana presentes en case todas as células dos vertebrados. O conxunto de xenes que codifican as moléculas de histocompatibilidade chámase “complexo maior de histocompatibilidade” (MHC, major histocompatibility complex), de aí que a estas moléculas se lles denomine tamén moléculas MHC.

A palabra histocompatibilidade refírese aos transplantes, porque estas moléculas foron descubertas como as causantes do rexeitamento nos trasplantes de órganos ou tecidos, xa que actúan como axentes de recoñecemento entre as células do mesmo individuo e provocan reacción inmunitaria cando células dun individuo diferente entran en contacto co medio interno. Pero a función natural das moléculas MCH é o proceso chamado presentación dos antíxenos.

Hai dúas clases de moléculas de histocompatibilidade ou moléculas MHC, denominadas Clase I e Clase II. As MHC de clase I están en case todas as células. As MHC de clase II existen só nalgúns tipos de células do sistema inmunitario, principalmente nos macrófagos e nos linfocitos B. A función dos dous tipos de moléculas MHC é a presentación dos antíxenos aos linfocitos. A diferencia está na orixe dos antíxenos presentados. As MHC de clase I presentan antíxenos orixinados na propia célula (endóxenos), como poden ser os producidos por células cancerosas ou células infectadas por virus. Pola contra, as MHC de clase II presentan antíxenos procedentes do medio extracelular (esóxenos), resultantes da dixestión parcial de patóxenos extracelulares.


PRESENTACIÓN DOS ANTÍXENOS

Patóxenos intracelulares ou endóxenos

As proteínas estrañas de orixe intracelular, como por exemplo as proteínas víricas nunha célula infectada, son dixeridas parcialmente, converténdose en cadeas peptídicas curtas. Estes péptidos curtos únense as moléculas MHC-I no retículo endoplasmático, pasando despois ao aparato de Golgi, dende onde migran á membrana plasmática. Estes péptidos, unidos ás moléculas MHC-I quedan expostos na cara externa da membrana, onde son recoñecidos polos linfocitos.

W

W

Patóxenos extracelulares ou esóxenos

Cando os macrófagos fagocitan axentes patóxenos extracelulares prodúcese unha dixestión parcial que dá lugar a fragmentos do patóxeno. Estes fragmentos únense ás moléculas MHC-II no vacúolo dixestivo. Os complexos de MHC-II cos fragmentos de antíxeno migran á membrana plasmática mediante vesículas de exocitose. Os fragmentos de antíxeno unidos ás moléculas MHC-II quedan expostos na cara externa da membrana, onde son recoñecidos polos linfocitos.

W

W