Skip to content
22/02/2012 / naturaxiz

Descarboxilación do piruvato

O catabolismo aeróbico nas células eucarióticas comeza coa entrada nas mitocondrias do piruvato resultante da glicólise.

En primeiro lugar o piruvato sufre a descarboxilación oxidativa, formando un acetato que vai unido ao Coenzima-A, formado o Acetil-CoA. O Acetil-CoA entra nunha serie de reaccións denominada ciclo de Krebs, ciclo do ácido cítrico ou ciclo dos ácidos tricarboxílicos. O acetil-CoA que entra no ciclo de Krebs pode proceder tamén do catabolismo das graxas e dos aminoácidos. Tanto a descarboxilación oxidativa como o ciclo de Krebs teñen lugar na matriz mitocondrial na células eucarióticas e no citoplama nas procarióticas.


Descarboxilación oxidativa do piruvato

  • A molécula de piruvato perde un grupo carboxilo, que se converte nunha molécula de CO2.
  • O resto de dous carbonos é un ácido acético, que se une ao CoA-SH formando o Acetil-CoA.
  • Este proceso conleva unha oxidación activada por un NAD+, que pasa á súa forma reducida [NADH + H+].

O proceso pode resumirse así:

Ácido pirúvico + CoA-SH + NAD+ → Acetil-S-CoA + CO2 + NADH + H+

piruvato-acetil-coa-3_360

Descarboxilación do Piruvato
(adaptación do esquema da Galipedia)


Destino dos produtos

  • O CO2 é un produto de refugallo que vai ser eliminado a través do aparato respiratorio.
  • O Acetil-CoA entra no Ciclo de Krebs.
  • O [NADH + H+] oxidarase, xunto co producido no Ciclo de Krebs, na última etapa da respiración aeróbica, a Cadea Respiratoria.

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s