Skip to content
20/02/2012 / naturaxiz

Glicólise

A glicólise é a ruta metabólica do catabolismo da glicosa, é un proceso común a todos os seres vivos, e prodúcese no citosol. A glicólise foi descrita por Gustav Embden, Otto Meyerhof e Jakub Karol Parnas a principios do século XX, polo que se lle denomina tamén Ruta de Embden-Meyerhof.

Na glicólise unha molécula de glicosa escíndese en dúas triosas, gliceraldehido-3-fosfato, que despois son oxidadas a ácido pirúvico (ou piruvato). O proceso rende en conxunto dúas moleculas de ATP por cada glicosa.

G-3-P_b_100

Gliceraldehido-3-P

Piruvico-piruvato_190

Ácido pirúvico ←→ Piruvato


FASES

Para facilitar a comprensión da glicólise adóitase dividila en dúas fases:

  • Fase de activación: Escisión da glicosa en dúas moléculas de gliceraldehido-3-fosfato. Esta fase consume dúas moléculas de ATP, que ceden un dos seus grupos fosfato e quedan como ADP.
  • Fase de beneficios: Oxidación do gliceraldehido-3-fosfato a piruvato. A oxidación da materia orgánica libera enerxía, neste caso a enerxía resultante da oxidación do gliceraldehido a pirúvato é utilizada para formar catro moléculas de ATP.


A OXIDACIÓN

A oxidación do gliceraldehido-3-fosfato é producida pola acción do nicotín-adenín-dinucleótido (NAD). O NAD entra no proceso na súa forma oxidada: NAD+. Este NAD+ recolle electróns e protóns do substrato, oxidándoo, mentres el pasa á súa forma reducida: NADH + H+.

NAD+ + RH2 (substrato reducido) → R (substrato oxidado) + NADH + H+


BALANCE GLOBAL

O proceso completo da glicólise pódese resumir no seguinte balance global:

Balance global da glicólise
1 Glicosa (6C)
2 ADP + 2 Pi
2 NAD+


2 Piruvato (2·3C)
2 ATP
2 [NADH + H+]


DETALLES

En realidade o proceso da glicólise é máis complexo que o exposto ate aquí, tendo un total de dez pasos cos seus correspondentes metabolitos intermedios. A figura seguinte mostra estes dez pasos de maneira simplificada:

Glicolise_yellow66_320

Esquema simplificado da glicólise

Glosario do esquema da glicólise
Glu-6-P: Glicosa-6-fosfato
Fru-6-P: Frutosa-6-fosfato
Fru-1,6-bP: Frutosa-1,6-bifosfato
DHAP: Dihidroxiacetona-fosfato
GAP: Gliceraldehido-(3)-fosfato
1,3-bPG: 1,3-bi-fosfo-Glicerato
3-PG: 3-fosfo-Glicerato
2-PG: 2-fosfo-Glicerato
PEP: Fosfo-enol-Piruvato
Pyr: Piruvato


DESPOIS DA GLICÓLISE

O piruvato resultante do proceso da glicólise pode seguir vías anaeróbicas (fermentación), que se producen no citosol, ou pasar á respiración aeróbica, que nas células eucarióticas ocorre nas mitocondrias.

W


CREDITS:
File Gliceraldehido-3-P was made merging two images from Wikimedia Commons: D-glyceraldehyde-2D-Fischer.png and Phosphate.svg

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s