Skip to content
28/04/2011 / naturaxiz

Inmunidade adaptativa: os antíxenos

Na resposta inmune adaptativa ou específica cada patóxeno e recoñecido por un antíxeno propio e característico dese patóxeno en particular. Esta especificidade polo antíxeno permite a adaptación da resposta inmunitaria a cada pátóxeno. As células especializadas na resposta inmune adaptativa son os linfocitos e os macrófagos.


ANTÍXENOS

O sistema inmune adaptativo responde fronte a presencia de antíxenos. Un antíxeno é unha substancia que o sistema inmune recoñece como estraña ou como patóxena. A maioría son glicoproteínas, lipoproteínas ou glicolípidos da membrana celular.


MOLÉCULAS DE HISTOCOMPATIBILIDADE (MHC)

As moléculas de histocompatibilidade son glicoproteínas transmembrana presentes en case todas as células dos vertebrados. O conxunto de xenes que codifican as moléculas de histocompatibilidade chámase “complexo maior de histocompatibilidade” (MHC, major histocompatibility complex), de aí que a estas moléculas se lles denomine tamén moléculas MHC.

A palabra histocompatibilidade refírese aos transplantes, porque estas moléculas foron descubertas como as causantes do rexeitamento nos trasplantes de órganos ou tecidos, xa que actúan como axentes de recoñecemento entre as células do mesmo individuo e provocan reacción inmunitaria cando células dun individuo diferente entran en contacto co medio interno. Pero a función natural das moléculas MCH é o proceso chamado presentación dos antíxenos.

Hai dúas clases de moléculas de histocompatibilidade ou moléculas MHC, denominadas Clase I e Clase II. As MHC de clase I están en case todas as células. As MHC de clase II existen só nalgúns tipos de células do sistema inmunitario, principalmente nos macrófagos e nos linfocitos B. A función dos dous tipos de moléculas MHC é a presentación dos antíxenos aos linfocitos. A diferencia está na orixe dos antíxenos presentados. As MHC de clase I presentan antíxenos orixinados na propia célula (endóxenos), como poden ser os producidos por células cancerosas ou células infectadas por virus. Pola contra, as MHC de clase II presentan antíxenos procedentes do medio extracelular (esóxenos), resultantes da dixestión parcial de patóxenos extracelulares.


PRESENTACIÓN DOS ANTÍXENOS

Patóxenos intracelulares ou endóxenos

As proteínas estrañas de orixe intracelular, como por exemplo as proteínas víricas nunha célula infectada, son dixeridas parcialmente, converténdose en cadeas peptídicas curtas. Estes péptidos curtos únense as moléculas MHC-I no retículo endoplasmático, pasando despois ao aparato de Golgi, dende onde migran á membrana plasmática. Estes péptidos, unidos ás moléculas MHC-I quedan expostos na cara externa da membrana, onde son recoñecidos polos linfocitos.

W

W

Patóxenos extracelulares ou esóxenos

Cando os macrófagos fagocitan axentes patóxenos extracelulares prodúcese unha dixestión parcial que dá lugar a fragmentos do patóxeno. Estes fragmentos únense ás moléculas MHC-II no vacúolo dixestivo. Os complexos de MHC-II cos fragmentos de antíxeno migran á membrana plasmática mediante vesículas de exocitose. Os fragmentos de antíxeno unidos ás moléculas MHC-II quedan expostos na cara externa da membrana, onde son recoñecidos polos linfocitos.

W

W

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s