Skip to content
16/01/2011 / naturaxiz

Núcleo

O núcleo é a parte das células eucarióticas que contén a cromatina. Está separado do citoplasma por unha membrana dobre formada a partir dos sacos do RE rugoso. En xeral a súa forma é esferoide, cun diámetro de 5 a 25 μm, arredor de 6 μm en mamíferos, ocupando aproximadamente o 10% do volume celular. Está situado en posición central nas células animais, e nas células vexetais está desprazado a un lado debido ao gran volume do vacúolo.

En xeral as células teñen un núcleo, pero existen tamén células plurinucleadas. As células do tecido muscular estriado teñen varios núcleos como resultado da fusión de citoplasma. En protozoos e fungos hai células plurinucleadas orixinadas pola división do núcleo sen división celular. Os eritrocitos dos mamíferos non teñen núcleo, e non se reproducen unha vez maduros.

O núcleo unha estrutura doada de ver co microscopio óptico, polo seu tamaño e porque a cromatina tínguese intensamente cos colorantes básicos.

nucleo_biosfera_500

Esquema do núcleo (imaxe de Proyecto Biosfera)


Envoltura nuclear

A envoltura nuclear é unha membrana dobre, orixinada a partir do RE rugoso. A membrana externa é continua coa do REr, e tamén ten ribosomas. Nas células animais está reforzada interiormente por unha rede de fibras proteicas semellantes aos filamentos intermedios do citoesqueleto.

A envoltura está atravesada por numerosos poros nucleares, formados por unha estrutura de proteínas chamada complexo de poro nuclear. Estes poros permiten e regulan o paso dos ARN e das proteínas.

NuclearPore_crop_420

Estrutura dun poro nuclear
1. Envoltura nuclear, 2. Anel exterior, 3. Radios, 4. Cesto, 5. Filamentos.


Nucleoplasma

É un coloide acuoso en estado xel, percorrido por unha rede densa de fibras de proteína. Nel desenvólvense os procesos de replicación do ADN, transcrición, maduración do ARNm, etc.


Cromatina

A cromatina é ADN combinado con proteínas chamada histonas. No núcleo pódense distinguir dúas formas da cromatina:

  • Eucromatina, menos condensada, que corresponde ao ADN activo, en proceso de transcrición.
  • Heterocromatina, máis condensada e máis opaca/escura no microscopio, que corresponde ao ADN inactivo. Pode corresponder a xenes bloqueados definitivamente debido á diferenciación celular, ou a xenes que non se están expresando temporalmente.


Nucleolo

Aparece como unha zona máis escura ao microscopio, con forma aproximadamente esférica e entre 1 e 3 μm de diámetro. Nesta zona do núcleo é onde se sintetizan os ARN e as subunidades dos ribosomas.

Nucleus_wellcome_320

Núcleos (etc.) ao MET (imaxe coloreada)
de http://images.wellcome.ac.uk

Condrocite_nucleus_blue_wellcome_210

Condrocito ao MET (imaxe coloreada)
de http://images.wellcome.ac.uk

Mammalian_pancreatic_nuclear_pores_500

Detalle dun núcleo ao MET no que se poden ver os poros da envoltura

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s