Skip to content
08/01/2011 / naturaxiz

Plastos

Os plastos son orgánulos das células de plantas e algas. Son lugares de síntese e almacenamento de diversas substancias. Existen moitos tipos de plastos, todos eles derivados dun tipo inicial presente nos tecidos de crecemento: os protoplastos. Dependendo do tipo de substancia acumulada orixínanse os demais tipos.

Protoplastos: plastos indiferenciados.
Cromoplastos: pigmentos como carotenoides, xantofilas e licopeno.
Cloroplastos: clorofila e demais pigmentos da fotosíntese.
Leucoplastos: sen pigmentos, con outras substancias.
Amiloplastos: amidón.
Oleoplastos: aceites.
Proteoplastos: proteínas.
Etioplastos: son cloroplastos que perderon a clorofila por falta de exposición á luz.
Estatolitos: son derivados de los amiloplastos que interveñen no xeotropismo.

Os diferentes tipos de plastos poden interconverterse entre si. O efecto dalgunhas destas transformacións podemos velos en feitos cotiáns, por exemplo na maduración das froitas, na que os cloroplastos se converten en cromoplastos, ou cando unha pataca queda desenterrada e colle cor verde.

Plastids_types_es_220 Plastids_conversions-fr_320

Os plastos de plantas e algas verdes posúen ADN circular, ribosomas 70S e dúas membranas. Estes plastos teñen unha orixe endosimbiótica semellante á das mitocondrias. O organismo capturado polas primeiras células eucarióticas fotosintéticas sería do tipo das cianobacterias, xa que os procesos de fotosíntese son semellantes.

Noutros grupos de algas e protistas fotosintéticos os plastos teñen moitas memebranas e outras caracteŕisiticas diferentes, polo que se pensa que proceden dunha endosimbiose distinta da que deu orixe ás algas verdes e despois ás plantas.


CLOROPLASTOS

Os cloroplastos son os plastos especializados na función da fotosíntese, o seu nome indica a cor verde debida á clorofila (do grego χλωρός: verde). Están presentes nas células dos tecidos fotosintéticos da plantas e nas algas. Nas plantas teñen forma lenticular ou ovoide, cun tamaño en xeral de 5 μm de diámetro por 2,3 μm de grosor. Presentan unha estrutura interior de pregues de membrana moi complexa.

Plast_TEM

Cloroplasto ao ME de transmisión

Chloroplast_580

Esquema da estrutura dun cloroplasto

1. Membrana externa
2. Espazo intermembrana
3. Membrana interna
4. Estroma
5. Espazo intratilacoidal
6. Membrana tilacoidal
7. Granum
8. Tilacoide
9. Inclusións de amidón
10. Ribosoma
11. ADN
12. Inclusións lipídicas

A membrana externa e a membrana interna están separadas polo espazo intermembrana. A membrana externa é moi permeable, con numerosas canles proteicas. A membrana interna é menos permeable.

O estroma é a parte contida dentro da membrana interna. É unha solución acuosa que contén ADN circular, ribosomas 70S, e inclusións de amidón e de graxa. No estroma prodúcese a fase escura da fotosíntese.

O estroma está percorrido por un sistema complexo de membranas chamado en conxunto grana (plural latino de granum).

A base estrutural do grana son sacos discoidais de membrana chamados tilacoides, comunicados entre si por prolongacións da membrana tilacoidal.

Os tilacoides estás dispostos en pilas, cada unha delas chamada granum (singular en latín de grana).

Na membrana tilacoidal atópanse os pigmentos fotosintéticos (clorofilas e carotenos), e é o lugar onde se realiza a fase luminosa da fotosíntese.

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s