Skip to content
07/01/2011 / naturaxiz

Mitocondrias

As mitocondrias son orgánulos presentes en todo tipo de células eucarióticas. teñen forma de esférica a cilíndrica, cun diámetro de entre 0,5 e 1 μm e unha lonxitude entre 1 e 2 μm. No seu interior prodúcese a fase aeróbica da respiración celular, polo que son os orgánulos fornecedores de enerxía en forma de ATP.

A máis da produción de ATP as mitocondrias interveñen noutras funcións como a produción de calor, a síntese de hormonas esteroides, o metabolismo do calcio e a apoptose.

As mitocondrias teñen dúas membranas separadas por un espazo intermembranoso. A membrana interna está moi pregada, formando as cristas mitocondriais. O espazo contido dentro da membrana interna é a matriz mitocondrial, que contén varias moléculas de ADN circular e ribosomas 70S (mitorribosomas).

mitchondrion_wellcome_180

Mitocondria ao MET
(photo by R.Bellairs in Wellcome Images)

Mitochondrion_180

Mitocondria ao MET
(Photo: U.S. Dept. of Health and Human Services/National Institutes of Health)

A membrana externa é moi semellante á membrana plasmática pero moito máis permeable, pois posúe numerosas canles proteicas de luz moi ancha (2-3 nm).

O espazo intermembranoso é de composición semellante á do citosol, a causa da gran permeabilidade da membrana externa, agás nas proteínas, xa que este espazo contén enzimas específicos que entran mediante transporte activo.

A membrana interna é moito menos permeable que a externa e ten maior proporción de proteínas, xa que contén os complexos enzimáticos implicados na última fase da respiración celular: a cadea respiratoria. Nesta fase é na que se forma a maior cantidade de ATP, mediante a enzima ATP-sintetase ou ATP-ase.

A matriz mitocondrial contén ADN circular, mitorribosomas e os complexos enzimáticos da fase intermedia da respiración celular: o cico de Krebs.

mitochondrion_diagram_en_(edit)_420

Diagrama dunha mitocondria

W

A hipótese da orixe endosimbiótica das mitocondrias está ben apoiada polas claras coincidencias da súa estrutura coa dunha célula procariótica:

  • Xenoma propio, en forma de ADN circular.
  • Ribosomas propios, de 70S.
  • Composición lipídica da membrana interna semellante á dos procariontes.

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s