Skip to content
04/01/2011 / naturaxiz

Ribosomas

Os ribosomas son complexos macromoleculares presentes en todo tipo de células. Están formados por ARN e proteínas e só son visibles con microscopio electrónico. A súa función é a síntese de proteínas a partir da información do ARN mensaxeiro (tradución).

Están formados por dúas subunidades que só se unen nos momentos de actividade. Estas subunidades difiren en tamaño, e adóitanse distinguir polo seu coeficiente de sedimentación (S). O coeficiente de sedimentación é unha medida do comportamento das partículas como orgánulos ou macromoléculas cando son separadas mediante centrifugación.

Nas células eucarióticas o ribosoma completo ten un tamaño de entre 25 e 30 nm e un coeficiente de sedimentación de 80S, a subunidade maior é de 60S e a menor de 40S.

Nas células procarióticas o tamaño do ribosoma activo é de arredor de 20 nm, cun coeficiente de sedientación de 70S, e as subunidades son de 50S e 30S.

Cada subunidade está formada por de unha a tres grandes moléculas de ARN ribosómico e varias moléculas de proteína moito máis pequenas. Nos ribosomas eucarióticos a subunidade maior ten tres moléculas de ARN, e a subunidade menor unha. Nos ribosomas procarióticos hai dúas moléculas de ARN na subunidade maior e unha na menor.

Ribosom70S50S30S_300

Subunidades dun ribosoma bacteriano

50S-subunit_of_the_ribosome_3CC2_220

Subunidade maior dun ribosoma bacteriano. En marrón os ARNr e en azul as proteínas.

Nas células eucarióticas os ribosomas poden estar illados no citosol ou en forma de polirribosomas, que son conxuntos de ribosomas traducindo unha mesma molécula de ARNm e unidos por ela. Encóntranse tamén asociados ao retículo endoplasmático, constituíndo o RE rugoso, e na cara externa da envoltura nuclear.

As mitocondrias e os cloroplastos conteñen ribosomas, que son semellantes aos ribosomas procarióticos. Este é un dos feitos apoian a teoría endosimbiótica da orixe destes orgánulos.

TraductionProt

Esquema do proceso da tradución


W
As proteínas do ribosoma non teñen función enzimática. Nos ribosomas a función catalizadora é realizada polo ARN. Este ARN que actúa como enzima denomínase ribozima, e postúlase que as primeiras formas de vida, ou precursoras da vida, puideron estas baseadas neste tipo de ARN.

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s