Skip to content
02/01/2011 / naturaxiz

Centrosoma e undilopodios

Un centro organizador de microtúbulos (MTOC, microtubule organizing center) é unha estrutura das células eucarióticas no que se forman estes elementos do citoesqueleto. Nas células animais os MTOC son o centríolo e os corpos basais de cilios e flaxelos. Nas células vexetais e nos fungos existen MTOC de estrutura diferente.

As funcións dos MTOC son dirixir a formación dos microtúbulos e a organización dos cilios e flaxelos.


CENTROSOMA

O centrosoma é o principal centro organizador de microtúbulos nas células animais. Está situado cerca do núcleo en en ocasión presenta ao redor os microtúbulos en formación formando o aster.

CentrosomeInnerLife_380

O centrosoma en The Inner Life of a Cell

Na profase das divisións celulares o centrosoma duplícase, e cada centrosoma fillo migra cara extremos opostos do núcleo para formar o fuso acromático, o sistema de microtúbulos que dirixe a separación das cromátidas.

Prophase

Célula en profase

W
A estrutura do centrosoma consiste nun par de centríolos (diplosoma) dispostos en ángulo recto, rodeados por unha masa de proteínas sen estrutura aparente chamada material pericentriolar (PCM, pericentriolar material). A presencia dos centriolos é maioritaria nas células animais, pero non é universal.

Cada centríolo é un cilindro formado por nove grupos de tres microtúbulos (tripletes).

Na base de cada cilio ou flaxelo existe unha estrutura derivada dos centriolos e idéntica a estes chamada corpo basal ou cinetosoma.

diplosomaME_250

Diplosoma visto con ME

diplosomaPB_250

Debuxo esquemático do diplosoma

CentrioloME

Corte transversal dun centriolo visto con ME


UNDILOPODIOS

Con este nome xenérico se denominan os orgánulos de movemento das células eucarióticas: cilios e flaxelos. A estrutura de ambos é idéntica, pero diferéncianse no tipo de movemento.

Flagellum-beating_460

Movemento dos flaxelo e dos cilios

W
A estrutura dos undilopodios consiste nun cinetosoma ou corpo basal no interior da célula, e unha estrutura interior de microtúbulos, axonema, rodeado pola membrana plasmática. A estrutura do axonema consiste nun cilindro formado por nove grupos de dous microtúbulos (dobretes) máis un par de microtúbulos central.
W

Eukaryotic_cilium_diagram_360

Estrutura dun undilopodio


Cilios

Os cilios son sempre moi numerosos nunha célula e son curtos. O seu movemento é lateral, ao xeito dun remo. A súa función pode ser de desprazamento da célula, como no paramecio, pero de xeito máis xeral é o movemento do medio respecto da célula ou do tecido, como por exemplo no epitelio bronquial.

Flaxelos

Os flaxelos das células eucarióticas son longos e en xeral hai un ou dous por célula. O seu movemento é tipo látego ou tipo hélice, pero sen que haxa rotación da base. Existen principalmente en protozoos e en células ailladas como os gametos masculinos (espermatozoides e anterozoides). Na maioría dos casos están “detrás” segundo o sentido do movemento, pero en protozoos tamén existen flaxelos situados “diante”.


W
A teoría endosimbiótica da orixe da célula eucariótica postula a orixe dos undilopodios como descendentes de bacterias do tipo espiroqueta. Este apartado da teoría endosimbiótica é o menos aceptado.


Flaxelos en procariontes

Os flaxelos bacterianos teñen unha estrutura completamente diferente e o seu movemento é rotatorio na base. Ademais existe moita máis variedade no seu número e disposición.

Nas arqueobacterias existen flaxelos con aparencia semellante á dos flaxelos das eubacterias, pero a súa estrutura e orixe son diferentes.
W

(des) Créditos:
As imaxes sen ligazón están tomadas de sitios (blogues) que non citaban referencia da orixe.

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s