Skip to content
29/12/2010 / naturaxiz

Citosol e citoesqueleto

CITOSOL

Chámase citoplasma á parte da célula eucariótica comprendida entre a membrana plasmática e o núcleo. A matriz do citoplasma é o citosol ou hialoplasma, un medio acuoso con todo tipo de biomoléculas en disolución ou en dispersión coloidal; como coloide o seu estado é maioritariamente o de sol, de aí o seu nome.

No citosol teñen lugar boa parte das rutas metabólicas, como a síntese das moléculas orgánicas sinxelas (aminoácidos, azucres, etc.), a glicólise (primeiro paso da respiración celular) e parte da síntese de proteínas (nos polirribosomas).

As inclusións son partículas de material insoluble dispersas no citosol. Principalmente son substancias de reserva enerxética: gránulos de glicóxeno en animais, gránulos de amidón en plantas, e pingas de graxa.

O citosol está percorrido por una rede de filamentos proteicos que constitúen o citoesqueleto, que mantén a forma e estrutura interior da célula e é o responsable dos movementos celulares.

Crowded_cytosol_500

Representación do citosol
Microtúbulos (azul claro), microfilamentos (azul escuro), ribosomas (marrón e morado), proteínas globulares (azul claro), proteína contráctil (vermello), ARN (rosa) ...


CITOESQUELETO

O citoesqueleto das células animais está formado por tres tipos de elementos: microfilamentos, filamentos intermedios e microtúbulos.


Microfilamentos ou filamentos de actina

Os microfilamentos son os máis delgados dos tres, cuns 7 nm de diámetro. Están formados por actina. A actina é unha proteína globular, e os microfilamentos son polímeros desta proteína. A polimerización e despolimerización dos microfilamentos de actina realízase en función das necesidades da célula.

As funcións deste elemento do citoesqueleto son o aporte de resistencia mecánica e o movemento. Nas funcións de movemento os filamentos de actina están asociados á proteína contráctil miosina.

  • Forman unha rede no lado interior da membrana plasmática.
  • Sosteñen diferenciacións da superficie celular como pseudópodos e microvilli.
  • Reforzan as unións estreitas e as unións adherentes entre as células.
  • Movementos dos pseudópodos, incluíndo a fagocitose.
  • Transportan vesículas, orgánulos e sinais intracelulares.
  • Formación do cinto de da citocinese na telofase da división celular.
  • Contracción das células musculares.
Actin_strand_300

Microfilamento de actina


Filamentos intermedios

O nome procede de que o seu grosor é intermedio entre os outros dous constituíntes do citoesqueleto, cun diámetro de arredor de 10 nm. Son polímeros de varias proteínas fibrosas, entre a cales está a queratina, aínda que a súa composición varía moito duns tipos de célula a outros. Ao contrario que os microfilamentos e os microtúbulos os filamentos intermedios son moi estables, e non se organizan e desorganizan continuamente.

As funcións dos filamentos intermedios son de sostemento dos orgánulos e aporte de resistencia mecánica, sendo máis abundantes nos tecidos sometidos a tensións.

  • Nos epitelios (queratina), nos que están asociados aos desmosomas e hemidesmosomas.
  • Nas células musculares (vimetinas e desminas).
  • Nas neuronas (neurofilamentos).
  • No interior do núcleo, formando unha lámina no lado interno da envoltura nuclear.
Intermediate_filament_300

Estrutura dos filamentos intermedios


Microtúbulos

Os microtúbulos teñen un grosor duns 24 nm e son ocos. Están formados pola polimerización de dímeros de tubulina, que á súa vez resultan da unión de dúas moléculas de proteína globular: α-tubulina e β-tubulina . Os microtúbulos organízanse e desorganízanse con moita rapidez e frecuencia.

As funcións dos microtúbulos están relacionadas cos movementos celulares:

  • Guían o transporte de vesículas e orgánulos (o movemento é realizado polas proteínas kinesinas e dineínas, que “camiñan” ao longo dos microtúbulos).
  • Dirixen o movemento dos cromosomas durante a división celular.
  • Forman o eixe interno de cilios e flaxelos.
Microtubules_300

Estrutura dos microtúbulos


VIDEO: Intermediate filaments

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s