Skip to content
05/12/2010 / naturaxiz

Estrutura da membrana plasmática

A membrana plasmática é unha lámina que rodea a todo tipo de células. Nas células eucarióticas tamén forma gran parte dos orgánulos e a membrana que envolve o núcleo, constituíndo o sistema interno de membranas.


ESTRUTURA DA MEMBRANA PLASMÁTICA


A bicapa lipídica

A base estrutural da membrana plasmática é una bicapa de fosfolípidos (fosfoacilglicéridos e fosfoesfingolípidos) dispostos coas partes hidrófilas en contacto cos medios acuosos do citosol ou do medio extracelular e as cadeas hidrófobas dos ácidos graxos cara o interior da estrutura. A estrutura da membrana plasmática denomínase “mosaico fluído” porque as moléculas dos fosfolípidos pódense desprazar dentro da bicapa. A proporción de ácidos graxos saturados e insaturados nos fosfolípidos é un factor determinante da fluidez da membrana.

Intercaladas entre as colas de ácido graxo dos fosfolípidos hai moléculas de colesterol. A función deste compoñente parece estar relacionada con cambios na fluidez da membrana.


As proteínas

As proteínas aparecen dispostas de diferentes maneiras:

  • Proteínas integrais ou intrínsecas: Intégranse dentro da bicapa lipídica, á que está unidas por enlaces covalentes. As que atravesan completamente a bicapa lipídica chámanse proteínas transmembrana. Dentro deste tipo estas están as proteínas canle, que permiten o paso de substancias polares a través da membrana.
  • Proteínas periféricas ou extrínsecas: Están situadas fóra da bicapa lipídica. Poden ter unións covalentes con outras moléculas da membrana ou estar unidas temporalmente mediante enlaces débiles.


Os oligosacáridos

Están unidos por enlaces covalentes aos lípidos e ás proteínas da membrana formando glicolípidos e glicoproteínas. Na parte externa da membrana celular forman unha capa continua chamada glicocálix, que ten como principal función o recoñecemento itercelular e os procesos de inmunidade.

W


Citoesqueleto de actina

No citosol das células eucarióticas, na cara interna da membrana, existe una rede de microfilamentos de proteína contráctil, a actina, que actúa mantendo a forma da célula e como soporte das formas especializadas desta, como por exemplo os pseudópodos, e tamén no seu movemento.

W

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s