Skip to content
17/09/2010 / naturaxiz

Estrutura dos nucleótidos

Os nucleótidos son compostos orgánicos derivados do monosacárido ribosa, ou da desoxirribosa, cun grupo fosfato ou máis no carbono cinco e un grupo nitroxenado cíclico (base nitroxenada) no carbono un. Realizan funcións claves no metabolismo enerxético e son os monómeros dos ácidos nucleicos.


AS PENTOSAS

A ribosa, na súa forma cíclica, ribofuranosa, é compoñente dos nucleótidos implicados no metabolismo e dos monómeros do ácido ribonucleico (ARN, ou RNA segundo o nome en inglés).
A desoxirribosa carece de grupo hidroxilo no carbono dous, tendo no seu lugar un hidróxeno. Na súa forma cíclica, desoxirribofuranosa, forma parte dos monómeros do ácido desoxirribonucleico (ADN ou DNA).




AS BASES NITROXENADAS

Son os compostos nitroxenados cíclicos que se unen ao C1′ da ribosa ou da desoxirribosa.
Existen dous tipos:

  • Bases púricas, derivadas do composto purina: adenina e guanina.

    Purina

    Adenina

    Guanina

  • Bases pirimidínicas, derivadas do composto pirimidina: citosina, timina e uracilo.

    Pirimidina

    Citosina

    Timina

    Uracilo


NUCLEÓSIDOS

Este termo nomea os compostos formados por unha das pentosas e unha das bases nitroxenadas. O enlace resulta da reacción entre o hidroxilo do carbono 1′ da pentosa e un grupo amino da base nitroxenada. Na formación deste enlace libérase unha molécula de auga, produto da eliminación do OH da pentosa e o H da amina secundaria.

Os nucleósidos da ribosa, os ribonucleósidos, son: adenosina, guanosina, citidina, 5-metil-uridina (chámase así ao nucleósido da timina, que só se diferencia do uracilo polo grupo metilo no C5) e uridina.

Adenosina

Guanosina

Citidina

5-metil-uridina

Uridina

Os nucleósidos da desoxirribosa, os desoxirribonucleósidos, levan o sufixo “desoxi”: desoxicitidina, desoxiganosina, desoxiadenosina, desoxitimidina e desoxiuridina.

Desoxiadenosina

Desoxiguanosina

Desoxicitidina

Desoxitimidina

Desoxiuridina


NUCLEÓTIDOS

Os nucleótidos máis simples resultan da adición dun grupo fosfato no carbono 5′ da pentosa dos nucleósidos. Estes nucleótidos simples son os monómeros dos ácidos nucleicos, os riboncleótidos do ARN e os desoxirribonucleótidos do ADN. Outros nucleótidos algo máis complexos exercen funcións fundamentais no metabolismo e na acción das hormonas.

Adenosín monofosfato (AMP)

Desoxiadenosín monofosfato (dAMP)

Guanosin monofosfato (GMP)

Desoxiguanosín monofosfato (dGMP)

Citidín monofosfato (CMP)

Desoxitimidín monofosfato (dTMP)

Esquema xeral dos nucleótidos

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s