Skip to content
22/08/2010 / naturaxiz

Enlace peptídico

Os α-aminoácidos únense entre si mediante un enlace amida, CO-NH, resultado da reacción entre o grupo carboxilo do C-α dun aminoácido é o grupo amino do C-α doutro, con formación dunha molécula de auga. Ao grupo formado polos catro átomos implicados no enlace (C=O)-(N-H) denomínaselle enlace peptídico. Os substituíntes R dos aminoácidos quedan en posición trans.

Formación dunha amida

Formación do enlace peptídico entre dúas alaninas

Este enlace C-N non é un un enlace simple normal: a resonancia entre este e o enlace C=0 do grupo carboxilo dálle un carácter parcial de dobre enlace (nun 60%). Isto fai que o enlace C-N se comporte como un enlace ríxido, ao contrario do que sucede cos enlaces simples normais, que teñen liberdade de rotación. Os catro átomos do enlace peptídico quedan dispostos nun mesmo plano, chamado plano da amida.

Resonancia no enlace peptídico


PÉPTIDOS

A unión de aminoácidos mediante o enlace peptídico dá lugar aos péptidos. No enlace peptídico queda libre un grupo carboxilo ou un grupo amino do C-α de cada aminoácido, polo que se poden establecer máis enlaces peptídicos, formando cadeas de aminoácidos.

Según o número de aminoácidos os péptidos clasifícanse en:

  • Oligopéptidos, se o número de aminoácidos é menor de 10. Estes denomínanse segundo o número exacto: dipéptidos, tripéptidos, tetrapéptidos, etc.
  • Polipépidos, se o número de aminoácidos está entre 10 e 100.
  • Proteínas, se o número de aminoácidos é maior de 100, aínda que normalmente as proteínas conteñen miles de unidades de aminoácido.

Hexapéptido. Esta secuencia de aa repítese na estrutura primaria da fibroína, o principal compoñente da seda.

En calquera péptido quedará un grupo amino do C-α nun extremo, e un grupo carboxilo do C-α no outro. Ao extremo do grupo amino se lle denomina N-terminal, e ao extremo do grupo carboxilo C-terminal.

Extremo N-terminal dun péptido

Extremo C-terminal dun péptido

Os péptidos curtos, sen “categoría de proteínas”, teñen funcións biolóxicas como hormonas e como neurotransmisores, fundamentalmente. Un exemplo é a insulina, con 51 aminoácidos (a insulina humana).

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s