Skip to content
16/08/2010 / naturaxiz

Esteroides

Os esteroides son derivados do composto policíclico esterano. Cun grupo hidroxilo no carbono 3 temos o composto esterol, base estrutural de todo este grupo. Tamén teñen sempre senllos grupos metilo nos carbonos 10 e 13 e un substituínte longo no carbono 17.

Esterano

Esterol


Colesterol

O colesterol é un composto anfipático no que a parte hidrófila e só o grupo hidroxilo do C3. Forma parte das membrana plasmática das células dos animais, á que confire maior resistencia mecánica ao diminuir a fluidez da bicapa lipídica. É o precursor metabólico de todos os demais esteroides.

Colesterol

>

Colesterol e arterioesclerose

Ao ser case insoluble, o colesterol é transportado no plasma sanguíneo unido a proteínas, formando as lipoproteínas. Nestas lipoproteínas plasmáticas diferéncianse dous tipos: lipoproteínas de alta densidade (HDL, acrónimo de high density llipoproteins) e lipoproteínas de baixa densidade (LDL, acrónimo de low density lipoproteins). As lipoproteínas de baixa densidade, LDL, están relacionadas cunha maior incidencia da arterioesclerose, pois cando hai un exceso delas tenden a adherirse á parede das arterias. As lipoproteínas de alta densidade, HDL, teñen o efecto contrario, limpan das arterias as acumulacións de LDL. Estas lipoproteínas teñen tamén relación cos ácidos graxos presentes no plasma: a presencia de ácidos graxos saturados fai aumentar a proporción de LDL, e os ácidos graxos insaturados e poliinsaturados provocan un aumento do HDL, polo que supoñen un factor de prevención fronte á arterioesclerose.

>> Infografía sobre o colesterol en Eroski Consumer >>


Hormonas esteroides

Corticosteroides: Son hormonas producidas na codia das glándulas suprarrenais. Os glicocorticoides regulan o metabolismo dos glícidos, graxas e proteínas, e inhiben a reacción inmunitaria e inflamatoria. Os mineralcorticoides regulan a concentración de ións minerais actuando sobre a función renal.

Glicocortcoide: Corticosterona

Mineralcorticoide: Aldosterona

Hormonas sexuais: Producidas polas gónadas. Estróxenos e proxestáxenos (femininas), testosterona (masculina) …

Estróxeno: Estradiol

Testosterona


Vitamina D

A vitamina D ou calciferol regula a absorción e o metabolismo do calcio e do fósforo. Existe unha variedade de formas desta vitamina, presentes nos alimentos ou produto do seu metabolismo: D1,D2,D3 … A vitamina D3 fórmase por acción da radiación ultravioleta solar sobre o colesterol na pel. Esta vitamina D3 é imprescindible para a fixación do calcio no esqueleto dos vertebrados, que temos que obtela dos alimentos ou da síntese na pel.
Nos humanos a variación da cor da pel está relacionada coa “fotosíntese” desta vitamina: unha cor escura da pel representa unha adaptación fronte aos efectos nocivos da radiación ultravioleta solar. Pola contra, unha cor clara da pel é unha adaptación que permite maior penetración da radiación ultravioleta na pel en climas con pouca insolación, permitindo así un nivel axeitado de “fotosíntese” da vitamina D3.

Colecalciferol (vitamina D3)


Ácidos e sales biliares

Os ácidos biliares son derivados do colesterol (ou, en certo sentido, residuos do metabolismo do colesterol) sintetizados no fígado, estes únense aos aminoácidos glicina e taurina antes de ser transportados á vesícula biliar. Aí forman as sales biliares, necesarias para a emulsión das graxas no duodeno e para a acción das lipasas pancreática e intestinal.

Ácido glicocólico


Ácido taurocólico

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s