Skip to content
16/08/2010 / naturaxiz

Eicosanoides, prostaglandinas e aspirinas.

Os eicosanoides son un grupo de compostos con funcións de relación intercelular derivados dos ácidos graxos esenciais de 20 átomos de carbono das series Ω-6 e Ω-3.
A acción dos eicosanoides é semellante á das hormonas, pero a diferencia destas, prodúcense en moitos tecidos, non en glándulas diferenciadas, e actúan localmente, no mesmo tecido onde se producen.
Dentro deste grupo están as prostaglandinas, que interveñen nos procesos da inmunidade e da inflamación. A acción dos fármacos antiinflamatorios non esteroideos, como o ácido acetil salicílico, consiste na inhibición da síntese de prostaglandinas.

Antiinflamatorios e Aspirina®

Os fármacos antiinflamatorios divídense en dous gupos: Esteroideos, semellantes á hormona corticosterona, e non esteroideos.
O primeiro fármaco antiinflamatorio non esteroideo producido industrialmente a gran escala foi o ácido acetil salicílico, rexistrado polos laboratorios alemanes Bayer co nome de Aspirina en 1899. Este fármaco é un derivado do salicilato presente nas plantas do xénero Salix (salgueiros). A codia de diversas especies de salgueiro xa se utilizaba dende antigo en moitas partes do mundo contra a fiebre e a dor. Os salicilatos purificados utilizábanse como medicamentos antes da patente de Bayer, pero a variante Aspirina diminuía a intensidade dos efectos secundarios adversos.


Publicidade da Aspirina - New York 1917

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s