Skip to content
11/08/2010 / naturaxiz

Terpenos

Os terpenos ou isoprenoides son polímeros derivados do isopreno (2-metil-1,3-butadieno), cos monómeros unidos en estruturas lineais ou cíclicas.

Fórmula desenvolvida do isopreno

Esquema estrutural do isopreno

Como polímeros do isopreno son hidrocarburos puros, pero con frecuencia esta estrutura básica está modificada pola presencia de grupos funcionais. Neste grupo inclúense un conxunto de substancias de natureza e funcións moi variadas, todas derivadas desa unidade de cinco carbonos.


EXEMPLOS

Os terpenos de baixo peso molecular son en xeral substancias volátiles presentes en plantas e de olor característico, como xeraniol, limoneno, mentol …, denominados en xeral “aceites esenciais” (termo derivado da arte da perfumería, que non ten relación ningunha coa palabra “esencial” co significado de nutrinte indispensable). Tamén son o compoñente volátil das resinas de coníferas, como por exemplo o pineno.
Todos estes compostos son moi inflamables, é ben coñecido na resina e tamén podemos observalo facilmente nas “glándulas” da pela das laranxas.

Xeraniol

Limoneno

Mentol

Imaxes de Gallery Terpenes en Wikimedia Commons

Os retinoides son un conxuto de variantes do retinol, un dos cales é a vitamina A, con funcións variadas no organismo animal. As fontes de retinoides son os diversos alimentos de orixe animal e os carotenoides presentes en alimentos de orixe vexetal.

Retinol

O fitol é un terpeno asociado á clorofila e precursor das vitaminas E e K.

Fitol

Os carotenoides son pigmentos vexetais, de cor de amarela a vermella, con función de absorción da luz da zona azul do espectro e transporte de enerxía na fotosíntese. Están presentes nos cloroplastos e cromoplastos das plantas e tamén existen nos fungos e nas bacterias. Exemplos deste grupo son os carotenos, de cor amarelo-laranxa e principal fonte vexetal da vitamina A, as xantofilas, de cor semellante, e o licopeno, de cor vermella.
Como fonte de vitamina A é interesante ter en conta que todas as partes verdes das plantas conteñen carotenos, pois é un pigmento indispensable na fotosíntese, pero a súa cor queda enmascarada polo verde da clorofila.
Ademais de fonte de vitamina A, o caroteno, e tamén o licopeno, teñen acción antioxidante e preventiva de varios tipos de cancro.
Ao seren liposolubles, o exceso de carotenoides e a vitamina A non é eliminable por vía renal, polo que un aporte excesivo destas substancias resulta tóxico para o fígado. Este aporte excesivo só é posible a través de preparados farmaceuticos. Sobre este tipo de complementos nutritivos artificiais dise que “Quen os necesita non pode pagalos, e quen pode pagalos non os necesita“.

β-caroteno

Licopeno

Os terpenos de alto peso molecular atópanse en secrecións vexetais como a resina e o látex. A orixe destas secrecións son os residuos do metabolismo (as plantas carecen de sistema excretor) e a súa función, a máis de ser o xeito de apartar estes refugallos, é de protección da planta fronte aos parásitos como insectos, fungos, etc

Plantación de Hevea brasiliensis. Do seu látex obtense o caucho natural.

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s