Skip to content
06/08/2010 / naturaxiz

Heterolípidos

Os heterolípidos son substancias de carácter anfipático que conteñen ácidos graxos e unha zona polar da molécula variable. Son os compoñentes fundamentais das membranas celulares, formando a dobre capa lipídica.


FOSFOACILGLICÉRIDOS

A glicerina esterifica dous ácidos graxos e no terceiro hidroxilo a un grupo fosfato, esta parte da molécula denomínase ácido fosfatídico. Ao fosfato únese mediante outro enlace éster un alcol ou un aminoalcol.

Esquema xeral da molécula dos fosfoacilglicéridos

A nomenclatura dos fosfoacilglicéridos comeza polo termo “fosfatidil”, que indica o ácido fosfatídico, seguida polo nome do alcol que se une ao grupo fosfato. Por exemplo: Fosfatidil colina (lecitina), fosfatidil etanolamina (cefalina), etc.

Unha lecitina, a palmitil-oleil-fosfatidil colina (POPC)

Nas membranas celulares a parte hidrófoba (os radicais alifáticos dos ácidos graxos) oriéntase cara o interior da bicapa lipídica, e a parte hidrófila (o grupo fosfato e o alcol) cara o exterior da bicapa lipídica, en contacto coa disolución acuosa do citosol ou do medio intercelular.

Esquema dunha bicapa lipídica

Ademais do o seu papel nas membranas celulares, os fosfoacilglicéridos, especialmente as lecitinas, forman parte da bile, exercendo unha acción deterxente sobre as graxas no duodeno.


FOSFOESFINGOLÍPIDOS

A esfingosina é un aminoalcol con 18 átomos de carbono, ten dous grupos hidroxilo nas posicións 1 e 3 e un grupo amino en posición 2. A cadea alifática é monoinsaturada, cun dobre enlace entre os carbonos 4 e 5. O seu nome sistemático é 2-amino-4-octadeceno-1,3-diol. Este composto é o cerne das moléculas dunha serie de heterolípidos fundamentais nas membranas celulares e especialmente abundantes nas neuronas, os fosfoesfingolípidos e os glicolípidos.

Esfingosina

Nos lípidos a esfigosina está sempre unida, mediante un enlace amida no C2, a un ácido graxo. A estas substancias, unión da esfingosina cun ácido graxo, chámaselles ceramidas.

Ceramida

A esterificación da ceramida por un grupo “X”, dá orixe aos esfingolípidos. O grupo “X” pode ser un fosfoaminoalcol , un monosacárido ou un oligosacárido.

Esquema xeral dos esfingolípidos

A esterificación das ceramidas cun fosfoaminoalcol, é dicir, cun fosfato que leva unido por outro enlace éster un aminoalcol, dá orixe aos fosfoesfigolípidos.

Un principal grupo de fosfoesfingolípidos é o das esfingomielinas, nas que o aminoalcol é a colina ou a etanolamina, e que son compoñentes fundamentais da vaíña de mielina dos axóns das neuronas.

Esfigomielina


GLICOESFINGOLÍPIDOS

Se á ceramida se une un glícido, mediante un enlace glicosídico co hidroxilo libre da primeira, fórmase un glicoesfigolípido.
Nos cerebrósidos o glícido é un monosacárido, glicosa ou galactosa. Estes atópanse nas membranas celulares, os galactocerebrósidos no tecido nervioso e os glicocerebrósidos no demais tecidos.

Galactoceramida (cerebrósido)

Nos gangliósidos o glícido é un oligosacárido. Estes atópanse nas membranas das neuronas do sistema nervioso central e teñen función de recoñecemento celular e de receptores de membrana, como xa vimos en oligosacáridos.

Estrutura molecular dun gangliósido

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s