Skip to content
03/08/2010 / naturaxiz

Ceras

As ceras son ésteres de ácidos graxos con alcois alifáticos (alcois primarios de cadea lineal longa).
Son totalmente insolubles en auga e moi hidrofóbicas, o seu punto de fusión é máis alto que o dos acilglicéridos.

Palmitato de cetilo, cera presente no espermaceti do cachalote, en dúas formas de representación.

Funcións

As funcións das ceras son esencialmente de impermeabilización e protección:

  • A epiderme, o tecido de revestimento das partes non leñosas das plantas, segrega unha capa externa impermeable, a cutícula, que evita a deshidratación. Esta cutícula é notablemente máis grosa nas follas de moitas plantas adaptadas a climas secos, o que lles dá un aspecto brillante.
    Na cutícula da epiderme vexetal as ceras e outros compostos forman unha estrutura cristalina extremadamente hidrófoba, de forma que a adherencia da auga é mínima, é o chamado “efecto loto“. Unha manifestación disto doada de ver é que sobre a epiderme das follas a auga forma pingas case esféricas, cun contacto mínimo coa superficie da folla.

  • En aves e mamíferos as ceras colaboran á impermeabilización e protección do tegumento, formando parte, xunto coas graxas, da secreción das glándulas sebáceas. A cera do sebo cutáneo das ovellas, a lanolina, é utilizada en cosmética, como impermeabilizante e como lubricante.
  • No oído externo dos mamíferos o cerume realiza unha función de retención de partículas, limpeza e mantemento da humidade semellante á do moco nas vías respiratorias.
  • O espermaceti, a gran masa de substancia graxa da cabeza dos cachalotes está formada principalmente por ceras, a súa función parece estar relacionada coa enorme capacidade de inmersión deste cetáceo (varios centos de metros habitualmente).
  • A cera de abellas é un caso especial pola súa función, outros insectos que constrúen estruturas semellantes aos panais utilizan materiais completamente distintos, como por exemplo as avespas, que o fan cunha especie de pasta de celulosa semellante ao papel obtida da mastigación de de produtos vexetais.
  • Os insectos da superfamilia Coccoidea (cochinillas), segregan unha grosa capa de cera protectora na etapa sésil do seu ciclo vital.

Icerya purchasi, Coccoidea.

Cachalote (Physeter macrocephalus)

Lavanco (Anas platyrhynchos) femia

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s