Skip to content
21/07/2010 / naturaxiz

Heteropolisacáridos

Son polísacáridos formados por monómeros de diferentes tipos, que en xeral son aldohexosas e derivados delas con grupos funcionais carboxilo, amino, metilo, sulfato … Teñen función principalmente estrutural, e en xeral forman xeles cunha gran proporción de auga. En animais (glucosaminoglicanos) están asociados a proteínas formando parte da matriz intercelular dos tecidos conectivos.

Hemicelulosas

Son polisacáridos complexos, con moitos monómeros distintos. Forman parte da parede celular vexetal e son o compoñente principal da parede primaria ou lámina media, menos ríxida que a parede celulósica e moi permeable.

Pectinas

Forman parte da parede celular vexetal. En auga forman xeles, que se poden ver facilmente cando se asan mazás ou se prepara doce de marmelos (marmelada). Esta propiedade aproveitase na industria alimentaria co uso da pectina como axente xelificante, espesante e estabilizador. En medicina utilízase, entre outras cousas, como regulador da actividade do colon, pola gran capacidade de absorción de auga dos xeles

Ágar-ágar

O nome é de orixe malaia, onde significa “xelatina”. É un heteropolisacárido complexo que se obtén de diversas especies de algas vermellas. Os seus usos son moi variados como xelificante en toda clase de produtos. En bioloxía hai que destacar que é a base dos medios de cultivo máis utilizados en microbioloxía.
Relacionados co ágar-ágar existen moitos heteropolisacáridos xelificantes que se obteñen tamén das algas vermellas e dalgunhas algas pardas e que teñen usos semellantes. Os carraxeninas, por exemplo, con nome de orixe irlandesa (carragheen), pola alga Chondrus crispus, de onde se obtiña como alimento dende hai moitos séculos. Estas algas, tanto as vermellas como algunha pardas, recóllense en Galicia para abastecemento dunhas poucas pequenas factorías adicadas ao procesamento deste recurso no país.

Chrondrus crispus


Glicosaminoglicanos

Son polímeros de hexosas ácidas (cun grupo carboxilo no carbono 6) e aminohexosas (como a N-acetil-glicosamina). Atópanse na substancia intercelular dos tecidos conectivos, en xeral asociados a proteínas e formando xeles. Debido a que nos tecidos adoitan estar en forma de xel denomínaselles tamén “mucopolisacáridos”.

Exemplos:

Ácido hialurónico: Descuberto no humor vítreo do ollo dos vertebrados, pero tamén é un constituínte importante de tecidos conectivos como a derme e a bolsa sinovial das articulacións móbiles.

Condriotina: É o compoñente principal da matriz intercelular da cartilaxe e está presente tamén nos tendóns, o tecido óseo e outros tecidos conectivos.

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s