Skip to content
19/07/2010 / naturaxiz

Homopolisacáridos

Os homopolisacáridos son polímeros constituídos por un só tipo de monosacárido, e este é glicosa ou un derivado dela.

Por unha parte constitúen unha reserva de glicosa nunha forma coloidal que non afecta á presión osmótica. Estes polisacáridos de reserva teñen enlaces O-glicosídicos de tipo α, máis inestables e hidrolizables con pouca enerxía, e son o amidón e o glicóxeno.

Os outros teñen enlaces de tipo β, que permiten estruturas máis estables quimicamente e con gran resistencia mecánica. Os homopolisacáridos estruturais son a celulosa e a quitina.


AMIDÓN

O amidón é a principal substancia de reserva enerxética das plantas. É sintetizada nos cloroplastos a partir da glicosa produto da fotosíntese e acumúlase en gránulos dentro deles e nos amiloplastos, plastos especializados no almacenamento de amidón. O amidón é especialmente abundante nos tecidos de reserva en froitos, sementes, tubérculos, bulbos, etc.

O amidón está constituído por dous tipos de moléculas distintas: Amilosa e amilopectina.

A amilosa está formada por unidades de glicopiranosa unidas por enlaces glicosídicos α(1→4). Este tipo de enlace provoca unha curvatura no polímero que lle dá á molécula unha forma espiral. O numero de unidades de glicosa está habitualmente entre 300 e 3.000, pero pode ser de moitos miles. Constitúe entre o 20% e o 30% do amidón.

A amilopectina ademáis dos enlaces α(1→4) ten unións α(1→6) que dan lugar a ramificacións da molécula situadas cada 24 a 30 unidades de glicosa. A molécula contén de 2.000 a 200.000 unidades de glicosa e constitúe do 70% ao 80% do amidón.

O amidón é a fonte de glicosa principal na dieta humana, a partir dos cereais, legumes e tubérculos que constitúen a base da alimentación en case todas partes.


GLICÓXENO

O glicóxeno é a forma de almacenamento da glicosa nos animais e nos fungos.

Nos vertebrados atópase principalmente no fígado. Este órgano é o encargado de almacenar a glicosa procedente da dixestión en forma de glicóxeno e de liberala ao sangue na medida en que é demandada polo organismo. O glicóxeno do fígado é unha reserva de enerxía a curto prazo (ao redor de doce horas en humanos), mentres que a reserva a longo prazo está nas graxas.

Os músculos son segundo lugar de almacenamento de glicóxeno, nos que representa unha dispoñibilidade de enerxía practicamente inmediata.

A estrutura do glicóxeno é moi semellante á da amilopectina das plantas, coa diferencia de que as ramificacións mediante enlaces α(1→6) son máis frecuentes, sendo de oito a doce as unidades de glicosa entre unha ramificación e a seguinte.


CELULOSA

A celulosa é o principal compoñente da parede celular das plantas e de moitas algas. É un polímero da β-glicopiranosa con unións 1→4 e cun número de unidades dende uns centos ate máis de dez mil.

O enlace β(1→4) ten diferencias importantes respecto ao enlace α(1→4) dos polisacáridos de reserva:

  • A cadea resultante é recta.

  • Establécense enlaces ponte de hidróxeno entre as glicosas contiguas que reforzan o enlace (pontes de H intramoleculares).

  • Establécense pontes de hidróxeno entre as cadeas rectas (pontes de H intermoleculares), o que dá orixe á formación de fibras resistentes e totalmente insolubles en auga.

A parede celular vexetal está composta fundamentalmente por capas de fibras de celulosa dispostas en direccións diferentes, isto proporciónalle unha gran resistencia mecánica necesaria para a súa función esquelética en combinación coa presión osmótica interna.

Estrutura da parede celular vexetal

Ningún animal posee enzimas capaces de hidrolizar os enlaces β(1→4) da celulosa, estes enzimas (celulases) só existen en bacterias e fungos. Os animais que consumen gran cantidade de celulosa, como hervíboros e insectos xilófagos, poden aproveitar a enerxía da celulosa que consumen mediante a dixestión da mesma por bacterias simbióticas do seu tubo dixestivo. Na dieta humana a celulosa, xunto con outros polisacáridos indixeribles, é imprescindible para o bo funcionamento do intestino e para o mantemento dunha poboación bacteriana intestinal saudable.


QUITINA

A quitina, do grego χιτών (túnica), é o constituínte principal da parede celular dos fungos e o esqueleto externo dos artrópodos, e forma tamén estruturas resistentes en moluscos, anélidos, etc.
A quitina é un polímero do derivado da glicosa N-acetil-D-glicosamina con unións β(1→4). Pode compararse á celulosa polo tipo de enlace, coa diferencia do grupo acetilamino substituíndo ao hidroxilo no carbono 2. Esta diferencia fai á quitina aínda máis resistente, pois incrementa o número de enlaces ponte de hidróxeno entre as moléculas.

N-acetil-D-glicosamina

Quitina

O chitosan ou quitosano é un derivado da quitina no que se eliminou o grupo acetil de todos os monómeros. Prodúcese industrialmente a partir de cascas de crustáceos e ten multitude de aplicacións médicas e agrícolas.

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s