Skip to content
17/07/2010 / naturaxiz

Oligosacáridos

Descontando os disacáridos, os oligosacáridos serían compostos formados pola unión de “poucos” monosacáridos mediante enlaces O-glicosídicos, a partir de tres. O límite para distinguilos dos polisacáridos estableceuse convencionalmente en dez unidades, pero en realidade considéranse oligosacáridos moléculas formadas por máis de vinte monosacáridos.

Sen ter que chegar nin a dez unidades, os oligosacáridos acadan un alto nivel de complexidade: Poden conter monosacáridos diferentes, unidos por enlaces de distintos tipos (α ou β, carboxílicos ou dicarboxílicos), en posicións variables e con ramificacións. Todo isto fai dos oligosacáridos as moléculas máis complexas e diversas despois das proteínas e dos ácidos nucleicos. En poucas palabras: os oligosacáridos conteñen información.

Os oligosacáridos non se atopan case nunca en estado libre, senón unidos a proteínas e lípidos da membrana celular formando glicoproteínas e glicolípidos. Nas células animais forman unha capa continua na cara exterior da membrana, o glicocálix. Nun principio pensouse que o glicocálix constituía unha defensa fronte a agresións mecánicas ou químicas, pero pronto se evidenciou que a súa función é moito máis complexa que iso: os oligosacáridos da membrana son os responsables do recoñecemento celular.

Ate o de agora sábese que son os responsables dos grupos sanguíneos A-B-0 humanos, do recoñecemento entre óvulo e espermatozoides, entre os virus e a célula parasitada, etc., e que o seu papel é fundamental no funcionamento do sistema inmunitario.

Esquema do glicocálix. Os oligosacáridos móstranse como grupos de hexágonos en azul.
Imaxe modificada de Wikimedia Commons: Lipid raft organisation scheme.

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s