Skip to content
09/07/2010 / naturaxiz

Grupos funcionais

As moléculas orgánicas están formadas por cadeas de varios átomos de carbono unidos entre si e unidos directamente a hidróxeno.

O carbono ten a capacidade de formar enlaces covalentes C-C que permiten a formación de cadeas, cadeas ramificadas, moléculas cíclicas e combinacións de todo o anterior. Estas moléculas poden conter tamén enlaces dobres C=C, e triples, pero estes últimos non se coñecen na materia viva.

Os hidrocarburos son os compostos orgánicos máis sinxelos,  formados por cadeas de carbono con hidróxeno exclusivamente (máis o metano, que non ten cadea ningunha porque a molécula só ten un átomo de carbono). As demais moléculas orgánicas poden conter moitos outros elementos, pero na materia viva son fundamentalmente só catro: osíxeno (O), nitróxeno (N), xofre (S) e fósforo (P) en forma de ión fosfato (PO43−).

Osíxeno, nitróxeno e fósforo unidos directamente ao carbono forman os grupos funcionais das biomoléculas orgánicas. Estes grupos funcionais, xunto co fosfato, determinan as principais propiedades químicas dos diferentes tipos biomoléculas orgánicas.


PRINCIPAIS GRUPOS FUNCIONAIS DAS BIOMOLÉCULAS ORGÁNICAS

(A cadea orgánica restante fóra do grupo funcional represéntase cun R)

Con osíxeno

Con osíxeno nun extremo

Grupo funcional: Hidroxilo. Familia: Alcois. Fórmula lineal: R-OH (R-CH2OH)

Grupo funcional: Aldehido. Familia: Aldehidos. Fórmula lineal: R-COH

Grupo funcional: Carboxilo. Familia: Ácidos carboxílicos. Fórmula lineal: R-COOH

Con osíxeno dentro da cadea

Grupo funcional: Hidroxilo. Familia: Alcois secundarios. Fórmula lineal: R-CHOH-R’

Grupo funcional: Carbonilo. Familia: Cetonas. Fórmula lineal: R-CO-R’

Grupo funcional: Éter. Familia: Éteres. Fórmula lineal: R-O-R’

Grupo funcional: Éster. Familia: Ésteres. Fórmula lineal: R-CO-O-R’

Con nitróxeno

Grupo funcional: Amino. Familia: Aminas. Fórmula lineal: R-NH2

Grupo funcional: Amino. Familia: Aminas secundarias. Fórmula lineal: R-NH-R’

Con xofre

Grupo funcional: Tiol. Familia: Tioles. Fórmula lineal: R-SH2

Grupo funcional: Sulfuro ou  tioéter. Fórmula lineal: R-S-R’

Grupo funcional: Disulfuro. Familia: Disulfuros. Fórmula lineal: R-S-S-R’

Con fosfato

Grupo funcional: Fosfato. Familia: Fosfatos. Fórmula lineal: R-O-PO32−
Grupo funcional: Fosfodiéster. Familia: Fosfatos. Fórmula lineal: R-O-PO2-O-R’


FÓRMULAS ESTRUTURAIS


CRÉDITOS
Os ficheiros de imaxe proceden de Wikimedia Commons.

>

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s