Skip to content
07/07/2010 / naturaxiz

Substancias anfipáticas

SUBSTANCIAS ANFIPÁTICAS

As moléculas das substancias anfipáticas ou anfifílicas teñen unha parte que é soluble en auga e outra que non o é.
A parte soluble en auga é polar, é dicir, ten capacidade de adquirir unha carga eléctrica que lle permite interactuar coas moléculas dipolares da auga, por iso se chama tamén parte hidrófila, que “simpatiza” coa auga.
A parte insoluble en auga é apolar, é dicir, non adquire cargas eléctricas que poidan interactuar coas moléculas da auga. É a parte hidrófoba, que “foxe” do contacto coa auga.

Molécula de lecitina, unha substancia anfipática.

O comportamento destas substancias cando se mesturan con auga consiste na orientación das moléculas de xeito que a parte hidrófoba de cada molécula estea en contacto coa auga e a parte hidrófoba non. Isto dá orixe a varias estruturas propias da interacción deste tipo de substancias coa auga:

Monocapa

Na superficie da auga, as moléculas dispóñense coa parte polar cara a auga e a parte apolar cara o aire.

Micelas

A substancia anfipática forma esferas microscópicas nas que as partes polares están na superficie da esfera, en contacto coa auga, e as partes apolares no interior.

Bicapa

As moléculas da substancia anfipática dispóñense en dúas capas paralelas. As partes polares das moléculas están en contacto coa auga. As partes apolares de cada unha das capas quedan unha frente a outra, uníndoas ao tempo que evitan o contacto coa auga.
A bicapa de fosfolípidos é a estrutura básica das membranas celulares.

Bicapa e micela de fosfolípidos. Os círculos vermellos representan a "cabeza" hidrófila e o par de liñas onduladas a "cola" hidrófoba.


Lioposoma

Consiste nunha bicapa con forma máis ou menos esférica que contén auga no interior.


Xabóns e deterxentes

Os xabóns e deterxentes tamén son substancias anfipáticas. A súa acción consiste na formación de micelas que rodean partículas microscópicas de graxa ou doutras substancias insolubles en auga, permitindo así a emulsión destas. Esta emulsión permite que o lavado con xabón arrastre substancias que non serían movidas pola auga soa.

Molécula de laurilsulfato, substancia deterxente moi utilizada nos produtos de aseo persoal. Á dereita o grupo fosfato hidrófilo.

Micela de xabón envolvendo unha partícula de graxa

A escuma formada polos deterxentes e xabóns consiste en burbullas rodeadas por unha bicapa de moléculas anfipáticas que inclúe unha fina película de auga. As partes hidrófilas están cara a auga e as partes hidrófobas cara o o aire.

Comparación entre unha pompa de xabón e un liposoma

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s