Skip to content
06/07/2010 / naturaxiz

Coloides

COLOIDES

Nos coloides o tamaño das partículas dispersas é da orde de 1 a 100 nm, maior que nas disolucións verdadeiras. A carácterística que máis facilmente diferencia os coloides das disolucións verdadeiras é o comportamento da luz ao atravesalas, xa que esta é refractada e reflexada polas partículas dispersas (efecto Tyndall).
Os coloides son mesturas estables, que non se separan espontaneamente por decantación. Nisto diferéncianse de outras mesturas semellantes como as emulsións e as suspensións, nas que as partículas dispersas son maiores e tenden a separarse da fase dispersante por diferencia na densidade.

Os coloides poden presentarse en dous estados: sol, con comportamento de líquido, e xel, cun comportamento semellante ao dun sólido.
En estado sol a auga é o medio dispersante, continuo, no que están inmersas as partículas coloidais dispersas. Deste xeito a viscosidade é baixa e o coloide compórtase como un líquido.
En estado xel as moléculas forman una rede tridimensional continua na que queda atrapada a auga, o que dá ao coloide unha viscosidade moito maior, podendo chegar a ter unha aparencia case sólida.
O estado sol ou xel depende da polimerización das moléculas de coloide por enlaces químicos pouco estables e outras interaccións débiles. Interveñen nisto moitos factores, como a proporción de auga, a temperatura, o pH, etc.

Debido á presencia universal de proteínas nas disolucións biolóxicas funcionais, as disolucións acuosas onde teñen lugar todos os procesos bioquímicos son coloides. Nestas a fase dispersante é a disolución acuosa de sales inorgánicas e compostos orgánicos simples, e a fase dispersa as macromoléculas orgánicas, fundamentalmente as proteínas.

Exemplos de soles biolóxicos son plasma sanguíneo, as bágoas, a saliva … Exemplos de xeles biolóxicos o son toda clase de mocos.

Diálise

En bioquímica a diálise é a separación das fases dispersa e dispersante dun coloide mediante unha membrana semipermeable axeitada.
As partículas da fase dispersa non atravesan a membrana por seren máis grandes que o poro desta. Isto é equivalente ao que sucede na primeira filtración do plasma sanguíneo nos riles, na que pasa dos capilares á cápsula renal todo o plasma sanguíneo agás as proteínas.

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s