Skip to content
01/07/2010 / naturaxiz

Sistemas amortecedores do pH

Pódese definir ácido como un composto químico que en disolución acuosa fai aumentar a concentración do ión hidronio ao ceder protóns, H+, á disolución.

HA + H2O → A + H3O+

Pódese definir base como un composto químico que en disolución acuosa fai diminuír a concentración do ión hidronio ao tomar protóns da disolución.

A + H3O+ HA + H2O

Ácido e base poden formar un par conxugado ácido-base en equilibrio químico:

HA ↔ H+ + A

Onde HA é o ácido conxugado da base A e esta é a base conxugada do ácido HA.

Estes pares de ácido e base conxugados son normalmente variantes da mesma substancia (a substancia “A”) que actúa como ácido ou como base en función da concentración de ións hidronio na disolución. Esta característica fai que estas substancias actúen como amortecedores dos cambios do pH que pode provocar a aparición doutros ácidos ou bases na disolución.

O equilibrio químico

HA + H2O H3O+ + A

desprázase cara a esquerda cando hai un descenso do pH

HA + H2O ← H3O+ + A

retirando ións hidronio da disolución e restablecendo o valor inicial do pH.

Desprázase cara a dereita cando hai un incremento do pH

HA + H2O H3O+ + A

producindo ións hidronio e restablecendo o valor inicial do pH.

Estas substancias que actúan como axentes amortecedores do pH son normalmente un ácido débil e a súa base conxugada. As disolucións que conteñen substancias amortecedoras do pH denomínanse sistemas amortecedores do pH, sistemas tampón ou buffer.

O sistema amortecedor do ácido carbónico, H2CO3, e o bicarbonato, HCO3, como base conxugada, actúa nos océanos, nos solos e no medio interno dos animais:

H2CO3 + H2O H3O+ + HCO3

Dun xeito máis amplo inclúe tamén a disolución do dióxido de carbono na auga:

CO2 + 2H2O H2CO3 + H2O H3O+ + HCO3

No medio intracelular o sistema de amortecemento fundamental é o do dihidróxeno fosfato, H2PO4, e o hidróxeno fosfato, HPO42−, como base conxugada:

H2PO4 + H2O ↔ H3O+ + HPO42−

A máis destes sistemas amortecedores inorgánicos, nos medios biolóxicos actúan como sistemas amortecedores os grupos funcionais de moitos compostos orgánicos.

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s