Skip to content
01/07/2010 / naturaxiz

pH

Na auga pura en condicións estándar unha proporción de 1:10.000.000 das moléculas disócianse en ións hidronio, H3O+, e ións hidroxilo, OH. Neste caso as concentracións molares dos dous ións son iguais e o seu valor é 10–7.

Disociación da auga

Disociación da auga (simplificado)

Nas disolucións acuosas as concentracións dos ións H3O+ e OH pode variar, pero o produto das concentracións é unha constante, que se denomina produto iónico da auga e se expresa co símbolo Kw.

Kw=[H3O+]·[OH]=10–14

Para expresar de forma máis sinxela as variacións nas concentracións de hidronio e de hidroxilo nas disolución acuosas ideáronse os parámetros pH e pOH.

Os parámetros pH e pOH indican os logaritmos das concentracións dos ións hidronio e hidróxido cambiados de signo:

pH=−log[H3O+]
pOH=−log[OH]

Aplicando os logaritmos á ecuación do produto iónico da auga temos que:

logKw=log[H3O+]+log[OH]=log10–14

Entón:

log[H3O+]+log[OH]=–14

–log[H3O+]–log[OH]=–14

pH+pOH=14

Na auga pura en condicións estándar:

pH=pOH=7

O parámetro que se utiliza habitualmente é o pH. Calquera disolución que teña un pH 7, igual ao da auga pura, dise que é una disolución neutra. Se o pH é inferior a 7 dise que é ácida, e se o pH é maior de 7 denomínase disolución alcalina ou básica.

pH<7: Disolución ácida, [H3O+]>[OH].
pH=7: Disolución neutra, [H3O+]≈[OH].
pH>7: Disolución alcalina, [H3O+]<[OH].

Escala de pH con idicación dos valores aproximados dalgunhas disolucións

O valor do pH ten unha importancia fundamental en todos os procesos biolóxicos. A maioría dos procesos bioquímicos, especialmente os procesos intracelulares, prodúcense en medios neutros ou lixeiramente ácidos.

En calquera caso, cada proceso particular só se produce nun intervalo moi estreito do valor do pH, polo que o mantemento do pH axeitado é indispensable para os procesos químicos da materia viva.

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s