Skip to content
30/06/2010 / naturaxiz

Os sales inorgánicos

En disolución

Na materia viva non hai auga pura, hai disolucións e outros tipos de dispersións en auga.
A auga é un bo disolvente das compostos iónicos como os sales. A auga disolve os sales rompendo os enlaces da rede cristalina. En disolución, os ións do sal quedan rodeados polas moléculas dipolares de auga, que orientan a súa carga diferencial cara o ión de carga oposta.

Rede cristalina do NaCl. En verde o sodio e en laranxa o cloro. O octaedro en azul cos ións cloro en gris indica a coordinación iónica neste sal.

Proceso de disolución dun sal en auga

Disposición das moléculas de auga arredor do ión sodio

Os ións Na+, K+, Ca2+ e Mg2+ exercen papeis fundamentais en todos os seres vivos. O fosfato, PO43−, forma parte dos ácidos nucleicos e das moléculas intermediarias no metabolismo comúns a todos os seres vivos. O carbonato, CO32−, e o bicarbonato, CaCO3H, son reguladores da acidez no medio intercelular e no medio interno dos animais.

A composición salina do medio interno dos seres vivos é moi semellante á da auga de mar, pero con menor concentración. Isto interprétase coa idea de que a vida, e polo tanto os procesos bioquímicos comúns a todos os seres vivos, apareceu no medio mariño da Terra proterozoica, cuns océanos menos salgados que os actuais.

A composición do medio interno dos seres vivos é moi semellante á da auga do mar

En estado sólido

A máis de intervir nos procesos bioquímicos como ións en disolución, os sales inorgánicos teñen tamén un papel biolóxico en forma sólida, na formación de estruturas duras dos seres vivos.

Os carbonato de calcio, CaCO3, é o compoñente fundamental do esqueleto, de cunchas e de cascas de moitos animais, das cascas de moitos protistas, dos estromatolitos … De feito, a fixación do carbono que realiza a Biosfera mediante estes organismos ten un papel determinante no ciclo bioxeoquímico deste elemento, e na propia historia xeolóxica da Terra.

O fosfato de calcio forma parte do esqueleto dos vertebrados, que interveñen con isto no ciclo bioxeoquímico do fósforo.

A sílice, SiO2, forma a casca dalgúns protistas e do esqueleto dunha parte das esponxas e está presente en moitas plantas. A fixación da sílice por seres vivos tamén ten importancia nos procesos xeolóxicos, coa formación das rochas bioxénicas silíceas.

Diatomeas, protistas con casca silícea.

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s