Skip to content
26/06/2010 / naturaxiz

A auga

A auga é o composto máis abundante nos seres vivos. Nas células e tecidos activos a súa proporción non descende do 65%. A proporción pode ser inferior en tecidos e estruturas con escasa actividade biolóxica, como ósos, pelo, escamas ou dentes; ou en estruturas en estado de vida latente, coma as sementes e as esporas.

ESTRUTURA

A molécula de auga está formada por dous átomos de hidróxeno unidos a un de osíxeno con enlaces covalentes. A unión deses elementos con diferente electronegatividade proporciona unhas características pouco comúns: Os enlaces osíxeno-hidróxeno da molécula de auga forman un ángulo de 104,5º, debido á configuración tetraédrica dos orbitais exteriores do osíxeno.

Configuración tetraédrica da molécua de auga


A molécula de auga é electricamente neutra. Pero aínda sendo neutra, forma un dipolo: aparece unha zona con diferencial de carga positivo no lado dos hidróxenos e unha zona con diferencial de carga negativo no lado do osíxeno.

Carácter dipolar da molécula de auga

O carácter dipolar provoca a unión entre moléculas mediante pontes de hidróxeno entre a parte electropositiva dunha molécula e a parte electronegativa doutra. Isto orixina unha estrutura reticular que confire unha gran cohesión interna. Debido a isto a auga ten uns puntos de fusión e ebulición moi altos para o seu peso molecular

Enlaces de ponte de hidróxeno entre as moléculas de auga


PROPIEDADES FÍSICAS

Esta estrutura reticular da auga en estado líquido confire á auga unha propiedades físicas especiais.

Alto calor específico
A auga ten unha gran inercia térmica, é dicir, absorbe ou libera moita calor cambiando pouco a súa temperatura. Isto débese a que a calor ten que romper os enlaces de ponte de hidróxeno intermoleculares para que haxa un aumento da temperatura.

Alto calor de vaporización
Polo mesmo motivo, o cambio de estado de líquido a vapor precisa dun gran aporte de enerxía.

Tensión superficial
A cohesión entre as moléculas de auga produce unha película resistente na interfase auga aire.

As pingas tenden á forma esférica a causa da tensión superficial

Camiñando sobre a lámina de tensión superficial

Adherencia
Esta película superficial da auga tende a adherirse ás superficies sólidas por forzas electrostáticas. Unha das consecuencias desta propiedade é a capilaridade: a adherencia dentro de tubos estreitos ou materiais porosos fai que a auga ascenda neles.

Descenso da densidade na conxelación
Ao pasar a estado sólido a auga adquire unha estrutura cristalina máis aberta que a retícula da auga líquida, o que fai que a densidade do xeo sexa menor que a do líquido, e polo tanto, que o xeo aboie na auga.

Estrutura cristalina do xeo

Caras cristalinas no xeo


PROPIEDADES QUÍMICAS

Disolvente
As substancias solubles en auga chámanse hidrófilas ou polares. En xeral son substancias que se ionizan en presencia de auga ou que presentan asimetría na distribución dos electróns, como a mesma auga.

Autodisociación
A auga disóciase en ións OH e H+. Máis exactamente, dúas moléculas de auga forman un ión hidronio H3O+ e un ión hidróxido OH.
En condicións de presión e temperatura estándar, a auga pura disóciase nunha proporción de 1:10.000.000, é dicir, a concentración molar da cada un dos produtos da disociación é de 10−7.

Disociación da auga

Disosciación da auga (simplificado)

EN FIN …
Todos os procesos bioquímicos suceden en medio medio acuoso, e a auga é un reactivo ou un produto en moitos deles. A vida é inconcibible sen presencia de auga líquida, e nas investigacións sobre a posibilidade de vida noutros corpos planetarios é a primeira condición a buscar. As propiedades físico-químicas da auga son determinantes das condicións e características da Biosfera.

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s